Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal

Impugnacións do artigo 161 da Constitución

Descargar PDF
Imprimir
 

O Goberno pode impugnar ante o Tribunal Constitucional dentro dos dous meses seguintes á súa data de publicación ou, en defecto dela, desde que chegaren ao seu coñecemento, as disposicións normativas sen forza de lei e resolucións emanadas de calquera órgano das comunidades autónomas.

A impugnación substánciase polo procedemento previsto para os conflitos positivos de competencia e a súa formulación comunicada ao Tribunal Constitucional produce a suspensión da disposición ou resolución recorrida. O Tribunal, salvo que ditase sentenza con anterioridade, nun prazo non superior a cinco meses ha de pronunciarse sobre o levantamento ou mantemento da suspensión acordada.

© 2016 TRIBUNAL CONSTITUCIONAL DE ESPAÑA