Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal

Recursos e cuestións contra as normas forais fiscais vascas


Descargar PDF
Imprimir
 

A Lei orgánica 1/2010, do 19 de febreiro, de modificación das leis orgánicas do Tribunal Constitucional e do Poder Xudicial atribúelle ao Tribunal Constitucional o coñecemento dos recursos interpostos e das cuestións suscitadas con carácter prexudicial polos órganos xurisdicionais contra as normas forais fiscais dos territorios de Áraba, Guipúscoa e Biscaia ditadas no exercicio das súas competencias para manter, establecer e regular o réxime tributario de cada territorio histórico.

A interposición e os seus efectos, a lexitimación, tramitación e sentenza destes recursos e cuestións réxese polo disposto na Lei orgánica do Tribunal Constitucional para os recursos e as cuestións de inconstitucionalidade, entendéndose o trámite de alegacións da parte demandada coas correspondentes xuntas xerais e deputacións forais.

Ao Pleno do Tribunal Constitucional compételle o coñecemento destes procesos constitucionais, sen prexuízo da posibilidade de que sexan deferidos á sala.

© 2016 TRIBUNAL CONSTITUCIONAL DE ESPAÑA