A Lei orgánica 1/2010, do 19 de febreiro, de modificación das leis orgánicas do Tribunal Constitucional e do Poder Xudicial creou este proceso constitucional que ten por obxecto a formulación de conflitos en defensa da autonomía foral dos territorios históricos da Comunidade Autónoma do País Vasco contra normas do Estado con rango de lei.
Están lexitimadas para expor estes conflitos as deputacións forais e as xuntas xerais dos territorios históricos de Áraba, Guipúscoa e Biscaia.
Tramítanse e resólvense de acordo co procedemento establecido na Lei orgánica do Tribunal Constitucional para os conflitos positivos de competencia promovidos por unha comunidade autónoma fronte ao Estado ou a outra comunidade autónoma.