O Goberno ou calquera das cámaras das Cortes Xerais poden requirir o Tribunal Constitucional para que se pronuncie sobre a existencia ou inexistencia de contradición entre a Constitución e as estipulacións dun tratado internacional, cuxo texto estivese definitivamente fixado, pero ao que non se prestou o consentimento do Estado.
O Tribunal Constitucional, unha vez recibido o requirimento, ha de emprazar o solicitante e os restantes órganos lexitimados co fin de que no termo dun mes expresen a súa opinión fundada sobre a cuestión.
Concluído o anterior trámite, o Tribunal emitirá a súa declaración que ten carácter vinculante.
En calquera momento do proceso, o Tribunal pode solicitar dos órganos lexitimados para a súa promoción ou doutras persoas físicas ou xurídicas ou outros órganos do Estado e das comunidades autónomas cantas alegacións, ampliacións ou precisións estime necesarias.