A Xunta de Goberno está composta polo presidente, o vicepresidente, dous maxistrados e o secretario xeral, que actúa como secretario e asiste ás súas reunións con voz e sen voto.
A Xunta de Goberno ten as seguintes competencias:
- a) Aprobar as bases dos concursos e das convocatorias de postos de libre designación para a incorporación de persoal, funcionario ou laboral, ao servizo do Tribunal, con excepción das bases da convocatoria dos concursos-oposición para o ingreso no corpo de letrados;
- b) Determinar a composición das comisións de valoración que vaian propoñer a resolución dos concursos a que se refire o apartado anterior;
- c) Ser informada, cando así o dispoña o presidente, do estado da execución do orzamento do Tribunal;
- d) Coñecer, con carácter previo á súa autorización, os expedientes de gasto de importe superior á contía que determine o Pleno;
- e) Calquera outras funcións que lle sexan atribuídas polo Regulamento de organización e persoal do Tribunal ou, a proposta do presidente, polo Pleno.
Os temas obxecto de deliberación e os acordos adoptados pola Xunta de Goberno han de comunicarse a todos os maxistrados.