Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal

 Mesa de Contratación

Resolución do 1 de febreiro de 2016, da Presidencia do Tribunal Constitucional, pola que se determina a composición da Mesa de Contratación do Tribunal Constitucional

En exercicio das competencias asignadas á Presidencia do Tribunal Constitucional no artigo 14, letra k), do Regulamento de organización e persoal do Tribunal Constitucional, de acordo co disposto no artigo 320 do Texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado por Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, e para o exercicio das funcións previstas neste, veño en determinar a composición da Mesa de Contratación do Tribunal Constitucional, cuxos membros, designados con carácter permanente, relaciónanse a continuación, con expresión do cargo ou posto que desempeñan, así como o réxime de substitución:

Presidente:

  • Don José Luis Gisbert Iñesta, xerente do Tribunal Constitucional.

Vogais:

  • Doña Mónica Rino García-Camacho, Interventora;
  • Don Eduardo Perdiguero Bautista, Letrado;
  • Don Daniel de Ocaña Lacal, arquiveiro xefe; e
  • Don Francisco Javier Nogales Prados, Xefe de Unidade de Asuntos Económicos e Contabilidade.

Secretaria:

  • Doña Mercedes Quiles Núñez, Administrativo-Xestión Orzamentaria.

A substitución do presidente, vogais e secretaria da Mesa de Contratación en caso de vacante, ausencia ou enfermidade dos membros titulares realizarase mediante as designacións que procedan, de acordo coas previsións normativas relativas aos diferentes cargos e postos de que se trate, as cales serán publicadas no perfil do contratante do Tribunal Constitucional.

A presente resolución será publicada no Boletín Oficial do Estado e no perfil do contratante do Tribunal Constitucional.

Madrid, 1 de febreiro de 2016. O presidente do Tribunal Constitucional, Francisco Pérez de los Cobos Orihuel

Resolución do 1 de febreiro de 2016, da Presidencia do Tribunal Constitucional, pola que se determina a composición da Mesa de Contratación do Tribunal Constitucional

  • Acordo do 9 de xuño de 2015, da Presidencia do Tribunal Constitucional, polo que se designa a dona Claudia Muñoz Gómez, funcionaria adscrita ao servizo do Tribunal, para substituír a dona Mercedes Quiles Núñez nas súas funcións de secretaria da Mesa de Contratación do Tribunal Constitucional, de acordo co previsto na Resolución do 9 de outubro de 2013, da Presidencia do Tribunal Constitucional, pola que se publica a composición da Mesa de Contratación do Tribunal Constitucional.
© 2016 TRIBUNAL CONSTITUCIONAL DE ESPAÑA