Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal

 Funcións

O posto de xerente do Tribunal Constitucional provese mediante convocatoria pública, correspóndelle ao presidente proceder ao nomeamento do proposto e dispoñer, logo de acordo do Pleno, o seu cesamento e reincorporación á Administración de procedencia.

Á Xerencia correspóndenlle, sen prexuízo das atribucións e competencias asignadas aos diversos órganos de goberno do Tribunal, as seguintes funcións:

  • a) A xestión económica e contable;
  • b) A habilitación de persoal e material;
  • c) A xestión de persoal;
  • d) A conservación e mantemento das instalacións;
  • e) A xefatura inmediata do Arquivo Xeral e daqueloutros servizos de carácter xeral que non se asignaron a outras unidades ou servizos do Tribunal;
  • f) Auxiliar o secretario xeral no exercicio das súas competencias de carácter financeiro, económico e de persoal;
  • g) A tramitación e proposta de resolución dos expedientes, salvo os de carácter disciplinario que lle afecten ao propio servizo;
  • h) A realización de actos de xestión ou de execución que lle encomenden o presidente ou o secretario xeral.
© 2016 TRIBUNAL CONSTITUCIONAL DE ESPAÑA