Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal

 Funcións

O responsable de seguridade é a persoa ou persoas ás que o responsable do ficheiro lle asigna formalmente a “función de coordinar e controlar as medidas de seguridade aplicables”, pode ser un mesmo responsable para todos os ficheiros ou tratamentos de datos de carácter persoal ou varios responsables en función dos sistemas de tratamento utilizados, circunstancia esta que se fará constar claramente no documento de seguridade (art. 95 RPD).

Ao presidente do Tribunal Constitucional compételle nomear, a proposta do secretario xeral, un responsable de seguridade en materia de protección dos datos de carácter persoal que constan nos ficheiros creados polo Tribunal Constitucional [art. 3.1 da Instrución de Réxime Interior da Secretaría Xeral do Tribunal Constitucional, do 25 de xaneiro de 2011, sobre medidas de seguridade dos ficheiros do Tribunal Constitucional que conteñen datos de carácter persoal]. ] Ao responsable de seguridade correspóndelle a coordinación e o control das medidas establecidas polas instrucións de réxime interior da secretaría xeral, así como polas Directrices técnicas de seguridade ditadas no seu desenvolvemento [artigo 3.2 da Instrución].

Débenselle comunicar ao responsable de seguridade todas as incidencias que lle poidan afectar á seguridade dos ficheiros con datos persoais como, por exemplo, o acceso a ficheiros con datos persoais por persoal non autorizado, aínda que sexa de maneira fortuíta ou accidental; o coñecemento por terceiros do identificador de usuario ou da clave de acceso dun usuario do Tribunal; a modificación de datos por persoal non autorizado ou descoñecido ou a perda de información; ou os accesos non autorizados aos locais onde se sitúen os sistemas e soportes informáticos.

© 2016 TRIBUNAL CONSTITUCIONAL DE ESPAÑA