O Pleno e as salas constitúen seccións compostas polo respectivo presidente ou quen o substitúa e dous maxistrados para o despacho ordinario e a decisión ou proposta, segundo proceda, sobre a admisibilidade ou inadmisibilidade dos procesos constitucionais. Tamén lles pode corresponder ás seccións o coñecemento e resolución daqueles asuntos de amparo que a sala correspondente lles defira.
Os acordos das seccións requiren a presenza de dous membros, salvo que haxa discrepancia, requírese entón a dos seus tres membros.