Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal

 Funcións das salas

O Tribunal Constitucional consta de dúas salas, composta cada unha por seis maxistrados nomeados polo Pleno. O presidente do Tribunal éo tamén da sala primeira, que preside, na súa falta, o maxistrado máis antigo e, en caso de igual antigüidade, o de maior idade. O vicepresidente do Tribunal preside a sala segunda e, na súa falta, o maxistrado máis antigo e, en caso de igual antigüidade, o de maior idade.

As Salas do Tribunal coñecen dos seguintes asuntos:

  • a) Daqueles asuntos atribuídos á xustiza constitucional que non sexan da competencia do Pleno;
  • b) Do recurso de amparo por violación dos dereitos fundamentais relacionados nos artigos 14 a 30 da Constitución;
  • c) Dos recursos e cuestións de inconstitucionalidade, dos recursos e das cuestións contra as normas forais fiscais vascas, dos conflitos constitucionais de competencia entre o Estado e as comunidades autónomas ou dúas destas entre si, das impugnacións das disposicións e resolucións dos órganos das comunidades autónomas previstas no artigo 161.2 da Constitución e dos conflitos en defensa da autonomía local e foral que lles sexan deferidos polo Pleno do Tribunal;
  • d) Daquelas cuestións que sendo atribuídas ao coñecemento das seccións entendan que pola súa importancia debe resolver a propia sala.

A distribución de asuntos entre as salas do Tribunal efectúase segundo quenda establecida polo Pleno a proposta do seu presidente.

Os acordos das salas requiren a presenza de dous terzos dos membros que en cada momento as compoñan.

© 2016 TRIBUNAL CONSTITUCIONAL DE ESPAÑA