Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal

 Funcións do Secretario Xeral Adxunto

O Pleno do Tribunal pode elixir entre os letrados un secretario xeral adxunto, cuxo nomeamento lle compete ao presidente.

Ao secretario xeral adxunto correspóndenlle, entre outras, as seguintes funcións de goberno e administración:

  • a) A substitución do secretario xeral en casos de vacante, ausencia ou enfermidade. De non ser iso posible, esta substitución recaerá no letrado que designe o presidente;
  • b) O exercicio por delegación do secretario xeral das seguintes competencias da Secretaría Xeral:
    • 1) A dirección e coordinación dos servizos do Tribunal, sen prexuízo da responsabilidade directa de quen ten a xefatura de cada servizo e unidade;
    • 2) A xefatura superior do persoal ao servizo do Tribunal Constitucional, fóra de todo o relacionado coa xefatura dos letrados e o relativo ao réxime disciplinario;
    • 3) Propoñer as bases dos concursos e das convocatorias de postos de libre designación para a incorporación de persoal, funcionario ou laboral, ao servizo do Tribunal e formular a proposta de nomeamento nos procedementos de libre designación;
    • 4) As competencias asignadas ao secretario xeral en materia dos ficheiros automatizados de carácter persoal existentes no Tribunal;
    • 5) A administración dos créditos para gastos do orzamento do Tribunal;
    • 6) A autorización do gasto;
    • 7) A ordenación dos pagamentos;
    • 8) A liquidación do orzamento;
  • c) Calquera outras funcións de apoio ou informe que se lle asignaren polo presidente, o secretario xeral e, no seu caso, por decisión do Pleno.
© 2016 TRIBUNAL CONSTITUCIONAL DE ESPAÑA