Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal

 Funcións

Todos os escritos dirixidos ao Tribunal Constitucional ou que del emanen cursaranse a través do Rexistro Xeral, que dependerá do secretario de Xustiza do Pleno. Os escritos non referidos a asuntos xurisdicionais, cando non teñan que ser despachados directamente polo rexistro, remitiranse ao servizo ou unidade que corresponda.

Está aberto todos os días, mesmo durante o mes de agosto, de 09:30 a 15:00 horas, salvo os sábados, os domingos, as festividades nacionais, as da Comunidade e do Municipio de Madrid, e os días 24 e 31 de decembro.

O mes de agosto é inhábil para os efectos do cómputo do prazo para a interposición dos recursos de amparo. No demais, estarase ao previsto no Acordo do 15 de xuño de 1982, do Pleno do Tribunal Constitucional, polo que se aproban as normas que han de rexer o funcionamento do Tribunal durante o período de vacacións (BOE núm. 157, do 2 de xullo), reformado polo Acordo do 17 de xuño de 1999 (BOE núm. 148, do 22 de xuño) e do Acordo do 18 de xaneiro de 2001 (BOE núm. 20, do 23 de xaneiro).

O Rexistro Xeral está situado na sede do Tribunal Constitucional na rúa Domenico Scarlatti, 6 (28003 - Madrid).

© 2016 TRIBUNAL CONSTITUCIONAL DE ESPAÑA