Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal

 Funcións

Ao Servizo de Biblioteca e Documentación correspóndelle:

  • a) A xestión da biblioteca do Tribunal e de canta documentación sexa precisa en atención ás súas funcións;
  • b) O apoio doutrinal ao presidente e aos maxistrados nos actos e reunións institucionais que participen;
  • c) Elaborar e executar os plans de publicacións do Tribunal.

A xefatura dos servizos do Tribunal corresponderalle ao letrado ou funcionario do subgrupo A1 das administracións públicas que designe o presidente, de entre os adscritos ao servizo do Tribunal ou logo de convocatoria para a provisión do posto de que se trate.

© 2016 TRIBUNAL CONSTITUCIONAL DE ESPAÑA