Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal

Estatísticas xurisdicionais

Descargar PDF
Imprimir
 

 

A actividade xurisdicional do Tribunal resúmese cada ano na memoria que o máximo intérprete da Constitución publica desde 1999. Na dita memoria anual ofrécese un breve resumo das súas actividades, elaborado polos servizos do Tribunal sen outra pretensión que a de ofrecer información e carente, polo tanto, de oficialidade ningunha; así mesmo ofrécense uns datos estatísticos, cuxo detalle pode lerse mediante as ligazóns que se ofrecen ao final desta páxina.

Por razóns de claridade expositiva, a información das memorias ofrécese ordenada nas seguintes epígrafes:

A demanda de xustiza constitucional, resumida nos seguintes cadros estatísticos:

  • Núm. 1 - Asuntos ingresados durante o ano e a súa distribución entre o Pleno e as salas
  • Núm. 2 - Asuntos ingresados durante o ano, clasificados segundo o tipo de proceso
  • Núm. 7 - Pleno: asuntos ingresados segundo o promotor
  • Núm. 8 - Litixiosidade territorial durante o ano, por comunidades autónomas
  • Núm. 11 - Orixe dos recursos de amparo ingresados
  • Núm. 12 - Recursos de amparo remitidos ás salas, con expresión dos recorrentes e do dereito fundamental invocado
  • Núm. 13 - Recursos de amparo: frecuencia da invocación dos dereitos fundamentais do art. 24 CE
  • e Núm. 14 - Recursos de amparo interpostos, segundo o órgano que ditou a última resolución.

As sentenzas ditadas e a restante actividade xurisdicional, sintetizada nos seguintes cadros:

  • Núm. 3 - Resolucións ditadas durante o ano, segundo o tipo de resolución
  • Núm. 4 - Sentenzas ditadas nos distintos procesos (e asuntos resoltos)
  • Núm. 14 - Resolucións xudiciais anuladas
  • e Núm. 9 - Resolucións ditadas e asuntos resoltos polo Pleno, segundo o tipo de proceso.

O trámite de admisión de recursos e un balance estatístico do ano, que se atopa resumida no cadro estatístico:

  • Núm. 5 - Relación entre asuntos ingresados, admitidos e resoltos.

E os asuntos pendentes, tanto na fase de admisión como, se son admitidos a trámite, en fase de sentenza, que se indican en varios cadros:

  • Núm. 6 - Procesos e asuntos admitidos pendentes de sentenza e pendentes de admisión, o 31 de decembro
  • e Núm. 10 - Asuntos de competencia do Pleno pendentes de resolución o 31 de decembro, clasificados polo seu tipo e procedencia.

Finalmente, cada ano ofrécense (no cadro núm. 15) os datos comparados do últimos cinco anos, distinguindo os asuntos ingresados neses anos, as resolucións ditadas, os asuntos resoltos e os asuntos pendentes ao final de cada ano.

Nas últimas memorias engadíronse uns gráficos que visualizan as magnitudes máis relevantes, para axudar a entender as grandes cifras da actividade xurisdicional do Tribunal.

© 2016 TRIBUNAL CONSTITUCIONAL DE ESPAÑA