Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal

Subvencións

Descargar PDF
Imprimir
 

Entre as dotacións do capítulo 4 do orzamento do Tribunal Constitucional (transferencias correntes) inclúense as relativas á subvención nominativa a favor da Asociación de Letrados do Tribunal Constitucional. Esta subvención, que figura como tal nos orzamentos do Tribunal desde o exercicio 1997, alcanzou un importe en 2009 de 24.000 euros, diminuíndo a 20.000 euros no exercicio 2011 e situándose no importe actual de 18.000 euros desde o exercicio 2013.

Mediante a citada subvención fináncianse os gastos derivados da realización das xornadas de traballo que, con carácter anual, vén organizando a referida asociación. As obrigas que a dita asociación asume coa percepción da dita subvención son as seguintes:

  • Acreditación ante o Tribunal Constitucional da realización de tales actividades, achegando os relatorios, comunicacións e conclusións das correspondentes xornadas, para a súa publicación polo Tribunal Constitucional, se o considera oportuno, como obra unitaria.
  • Sometemento ás actuacións de comprobación que puidese acordar o Tribunal Constitucional e ás que, no seu caso, puidesen resultar pertinentes, de acordo coa Lei xeral orzamentaria e a Lei xeral de subvencións.
  • Acreditación ante o Tribunal Constitucional de que o importe da subvención concedida non supera, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas, ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, o custo das actividades que, de acordo cos seus estatutos, desenvolva a Asociación de Letrados durante o exercicio.

No marco dos compromisos asumidos, e aos fins expresados con anterioridade, a Asociación de Letrados achega en cada exercicio a documentación acreditativa dos gastos derivados das actividades a que se destina a subvención.

© 2016 TRIBUNAL CONSTITUCIONAL DE ESPAÑA