Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal

Retribucións e indemnizacións

Descargar PDF
Imprimir
 

 
Sueldo ​Otras remuneraciones ​Retribuciones en concepto de antigüedad (trienios y complemento de adecuación) ​Total
​(Art. 22.Uno.2 Ley 48/2015, PGE 2016) ​​ ​(Art.22.Dos Ley 48/2015, PGE 2016) ​
​Presidente ​​41.842,50 ​88.721,88 ​26.114,76 ​156.679,14
​Vicepresidente ​​​41.842,50 ​81.242,16 ​26.114,76 149.199,42
​Presidente de Sección ​​​41.842,50 ​75.512,52 ​26.114,76 ​143.469,78
​Magistrado ​​​41.842,50 ​69.782,88 ​26.114,76 ​137.740,14
​Secretario General * ​34.966,26 ​62.643,84 ​26.114,76 ​123.724,86

 

* De conformidad con lo dispuesto en el artículo 26.2 del Reglamento de Organización y Personal del Tribunal Constitucional, el Secretario General Adjunto tiene asignadas las mismas retribuciones que el Secretario General.

Indemnizacións percibidas polos altos cargos do Tribunal Constitucional con ocasión do cesamento no cargo


Pensión indemnizatoria do ex-presidente

De conformidade co disposto na disposición adicional quinta da Lei 21/1986, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 1987, quen desempeñou o cargo de presidente do Tribunal Constitucional ten dereito a percibir, ao cesar no cargo, a pensión indemnizatoria á que se refire a regra primeira do artigo 10, número 5, da Lei 74/1980, do 29 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 1981, que consiste nunha pensión mensual que se percibirá durante un prazo igual ao que desempeñase o cargo, ata un máximo de vinte e catro mensualidades, de importe igual á doceava parte do oitenta por cento do total de retribucións asignadas ao presidente no orzamento en vigor durante o prazo indicado. A dita pensión indemnizatoria está sometida ao réxime de incompatibilidades establecido no artigo 1 do Real decreto-lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, na disposición adicional primeira da Lei 3/2015, do 30 de marzo, reguladora do exercicio do alto cargo da Administración xeral do Estado, e na disposición adicional segunda do Regulamento de organización e persoal do Tribunal Constitucional.

De acordo coa citada normativa, a pensión indemnizatoria correspondente ao máis recente presidente emérito do Tribunal Constitucional (Excmo. Sr. D. Pascual Sala Sánchez) comezou a percibirse no mes de xullo de 2013, e estendeuse ata o mes de xuño de 2015. As percepcións correspondentes a este concepto no exercicio 2015, con cargo ao orzamento do Tribunal Constitucional, ascenden a 62.050,68 euros.

Remuneración de transición dos ex-maxistrados

O artigo 25.1 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, establece o dereito dos maxistrados do Tribunal Constitucional que desempeñasen o cargo durante un mínimo de tres anos a unha remuneración de transición por un ano, equivalente á que percibisen no momento do cesamento. A dita remuneración de transición está, así mesmo, sometida ao réxime de incompatibilidades establecido no artigo 1 do Real decreto-lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, na disposición adicional primeira da Lei 3/2015, do 30 de marzo, reguladora do exercicio do alto cargo da Administración xeral do Estado, e na disposición adicional segunda do Regulamento de organización e persoal do Tribunal Constitucional.

No exercicio 2015, mediante acordo do Pleno do Tribunal do 24 de xuño de 2015 recoñecéuselle a dona María Cristina Escribano Gámir, en condición de cónxuxe supérstite, e a D. Lino e dona Marina Ortega Aranda, como fillos, de quen fora maxistrado do Tribunal Constitucional, o Excmo. Sr. D. Luís Ignacio Ortega Álvarez (falecido o día 15 de abril de 2015), o dereito para percibir, por metade entre aquela e estes, a remuneración de transición establecida no artigo 25.1 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional. En execución do dito acordo, autorizouse a dona María Cristina Escribano Gámir a percepción de 71.024,05 euros polo referido concepto, en seis mensualidades de importe unitario de 11.837,34 euros, desde outubro do 2015 ata marzo de 2016, ambos inclusive. Igualmente, en execución do indicado acordo, autorizouse a dona Marina Ortega Aranda, logo de renuncia de D. Lino Ortega Aranda ao seu propio dereito, a percepción de 71.024,05 euros, nun único pagamento, no mes de decembro de 2015.

© 2016 TRIBUNAL CONSTITUCIONAL DE ESPAÑA