Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal

Réxime orzamentario

Descargar PDF
Imprimir
 

 

O Tribunal Constitucional conta con autonomía orzamentaria e o seu orzamento constitúe a sección 04 do estado de gastos dos Orzamentos Xerais do Estado. De acordo co previsto no artigo 10.3 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional (na redacción dada a este pola Lei orgánica 6/2007, do 24 de maio), o Tribunal en Pleno, en exercicio da súa autonomía como órgano constitucional, elabora o seu orzamento, que se integra como unha sección independente dentro dos Orzamentos Xerais do Estado. En consecuencia, o Pleno do Tribunal procede á aprobación do proxecto de orzamento de cada exercicio, para a súa incorporación aos Orzamentos Xerais do Estado, remitíndose a tal fin o proxecto ás Cortes Xerais para a súa aprobación, a través do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

A execución do orzamento do Tribunal Constitucional correspóndelle ao seu secretario xeral con asistencia de persoal técnico, baixo a dirección do presidente e de acordo coas directrices que para tal fin estableza o Pleno. Así mesmo, correspóndelle ao secretario xeral a liquidación do orzamento, a cal se pon en coñecemento do Pleno [artigo 99.1.c) LOTC].

Na execución do orzamento do Tribunal Constitucional, todas as propostas de contido económico son intervidas polo interventor do Tribunal Constitucional, o cal é designado polo Pleno do Tribunal, órgano ao que corresponde resolver as discrepancias que puidese expor no exercicio da súa función interventora.

A xestión económico-financeira do Tribunal Constitucional está sometida á fiscalización do Tribunal de Contas, e a xestión do seu orzamento reflíctese na Conta Xeral do Estado que se rende ao dito tribunal.

© 2016 TRIBUNAL CONSTITUCIONAL DE ESPAÑA