Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal

Réxime de contratación do Tribunal Constitucional

Descargar PDF
Imprimir
 

 

O Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, aplícase a todos os entes, organismos e entidades que forman parte do sector público, e, entre eles, aos órganos competentes do Tribunal Constitucional, nos termos previstos na súa disposición adicional primeira bis, os cales celebrarán aqueles contratos que sexan necesarios para o cumprimento e realización dos seus fins institucionais.

O presidente do Tribunal Constitucional exerce a súa representación (art. 15 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional) e correspóndelle exercer as funcións de Órgano de Contratación [art. 14.k) do Regulamento de organización e persoal do Tribunal Constitucional], que as poderá delegar no secretario xeral [art. 16.1.b) do citado regulamento], como así sucedeu por Resolución do 21 de xuño de 2013, da Presidencia do Tribunal Constitucional (BOE núm. 153, do 27 de xuño).

Por outra banda, salvo cando a competencia para contratar corresponda a unha xunta de contratación, nos procedementos abertos, restrinxidos e negociados con publicidade, así como potestativamente nos restantes procedementos negociados, os órganos de contratación estarán asistidos por unha mesa de contratación, que será o órgano competente para a valoración das ofertas e que estará constituída por un presidente, uns vogais e un secretario (art. 320 do texto refundido da Lei de contratos do sector público). Por Resolución do 1 de febreiro de 2016, da Presidencia do Tribunal Constitucional, publicouse a composición da Mesa de Contratación do Tribunal Constitucional (BOE núm. 34, do 9 de febreiro).

Finalmente, e co obxecto de asegurar a transparencia e o acceso público á actividade contractual dos entes, organismos e entidades que forman parte do sector público, os órganos de contratación han de difundir, a través de internet, o seu perfil de contratante, e a forma de acceso ao perfil de contratante conterase nos pregos e anuncios de licitación. Neste perfil de contratante deberá publicarse a adxudicación dos contratos e poderán incluírse aquelas informacións referentes á actividade contractual do órgano de contratación, tales como: os anuncios de información previa; as licitacións abertas ou en curso e a documentación relativa a estas; as contratacións programadas; os contratos adxudicados; os procedementos anulados; e calquera outra información útil de tipo xeral, como puntos de contacto e medios de comunicación que poden utilizarse para relacionarse co órgano de contratación (arts. 53 e 141 do Texto Refundido da Lei de contratos do sector público).

Os cadros contidos neste apartado mostran a información referida á actividade contractual do Tribunal Constitucional, nos termos requiridos pola Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno.

© 2016 TRIBUNAL CONSTITUCIONAL DE ESPAÑA